15-M, o pobo indignado : unha mirada calidoscópica dende Galiza. Alfredo Iglesias Diéguez, (coord.).Bertamiráns (Ames) : Laiovento, 2011. 222 p. ; 21 cm.
Nestes momentos de crise social, económica e política, provocada polo incremento das desigualdades sociais, o pobo, desmobilizado, desorganizado, desmoralizado...botouse á rúa para expresar a súa indignación pola carestía da vida, pola precariedade laboral, polo desemprego, pola corrupción política...en difinitiva, pola degradación dos nosos dereitos sociais, políticos e económicos: polo secuestro da Democracia e fronte á crise do sistema. Estamos, daquela, ante unha manifestación inédita das clases populares, en tanto que explorada por primeira vez neste mes de maio....15M: o pobo indignado, que pretende analizar a realidade do movemento 15-m dende unha óptica plural, procurando ofrecer unha visión calidoscópica do movemento que englobe a mirada analítica dun amplo grupo de persoas, procedentes de diversos campos científicos: a política, a economía, a historia, a filosofía, a socioloxía...xunto coa mirada comprometida do/a activista e a mirada creativa do/a artista, e para iso contamos coa palabra de Xosé Manuel Beiras, Francisco Sampedro, Justo Beramendi, Xavier Vence, Teresa Moure, Fermín Bouza, Manoel Santos, Manuel Casal Lodeiro, David Rodríguez Rodríguez, Raimundo Viejo Viñas, Carlos Taibo, roi Ribeira Bezerra, Nanina Santos, Fernanda Couñago Otero, Lupe Ces, Lidia Senra, Xoán HermidaGonzález, Xabier Macías, Dionísio Pereira, Cláudio López Garrido, Miguel Fernández Blanco, Xosé María Álvarez Cáccamo, Margarita Ledo Andión, diana Varela Puñal e Gustavo Pernas Cora. [información da contracapa]
¿cales son as túas ideas logo desta lectura?