sábado, 17 de noviembre de 2012

Cómo cambiar el mundo, Eric Hobsbawn.


Hobsbawm, E. J. Cómo cambiar el mundo : Marx y el marxismo 1840-2011.Ttraducción castellana de Silvia Furió. Barcelona : Crítica, 2011. 490 p.

Eric Hobsbawn, o mais famoso dos historiadores actuais e unha das voces mais autorizadas da esquerda, sintetiza neste volume máis de cincuenta anos de traballos sobre Marx e o marxismo. O libro, que comeza cun estudo sobre "Marx hoxe" e remata con outro sobre a relación, ao longo do tempo, entre Marx e o movemento obreiro organizado, cuxa conclusión es que, ante os problemas da economía no século XXI "chegou o tempo de tomar a Marx en serio", ofrécenos unha primeira parte cunha serie de traballos sobre Marx e Engels, sobre as súas obras e ideas políticas, e unha segunda adicada en especial á evolución do marxismo, e da súa influencia, dende 1880 até a actualidade. Como corresponde ao que cabe esperar de Eric Hobsbawm, este non é tan só un grande libro de historia senon que ten ademais a pretensión de que, como di o propio autor, "poda servir aos lectores para reflexionar sobre o que vai ser o futuro e o da humanidade do século XXI".(información tomada da contracapa do libro e de tradución propia)

Podes coller en préstamo un exemplar na Biblioteca Universitaria de Vigo e logo compartir con nós as túas reflexións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Falemos da crise