jueves, 15 de noviembre de 2012

La doctrina del shock, Naomi Klein.

La Doctrina del "shock" : el auge del capitalismo del desastre, Naomi Klein. Barcelona : Paidós, 2007. 708p.


A doutrina do shock é a historia non oficial do libre mercado. Naomi Klein descubre a verdade sobre o capitalismo neste documentado libro, baseado nas súas entrevistas e investigacións [...] Klein demostra que o capitalismo emprega a cotío a violencia, o terrorismo contra o individuo e a sociedade. Lonxe de ser o camiño cara a liberdade, aproveitase da crise para introducir impopulares medidas de choque económico, a miúdo acompañadas doutros xeitos de shock non tan metafóricos: a pancada da porra dos policías, as torturas cno electroshck ou a picana nas celas das cadeas. Dende Chile a Rusia, de Canadá a Sudáfrica, de Arxentina a China, os exemplos e as súas arrepiantes consecuencias, abondan. Neste relato apaixoante, narrado con pulso sólido, Kein repasa a historia mundial recente (da dictadura de Pinochet á reconstrución de Beirut; do Katrina ao tsunami; do 11S ao 11M) para dar a palabra a un único protagonista: as decimadas poboacións civís sometidas á voracidade despiadada dos novos amos do mundo, o conglomerado industrial, comercial e gubernamental para quen os desastres, as guerras e a inseguridade do cidadán son o sinistro combustible da economía do shock. [información tirada da contracapa do libro]


Na Biblioteca da Universidade de Vigo temos exemplares desta obra, consulta o catálogo.Comparte as túas reflexións con nós. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Falemos da crise