viernes, 16 de noviembre de 2012

El crash de la información, Max Otte




Otte, Max. El crash de la información, traducción de Juanmari Madariaga. Barcelona : Ariel, 2010
347 p. ; 23 cm

Desfigurar, dar datos falsos, minimizar as circunstancias agravantes con mensaxes positivos pero  banais, desorientar deliberadamente, soliviantar ou aturdir, esaxerar...Todo esto pertence ao repertorio da desinformación e na nosa sociedade é, dende hai moito, máis que unha moeda corrente.

O   colapso do mercado financeiro, provocado pola venta masiva de títulos cuxo risco foi sistemáticamente agochado, debuese en grande parte á propagación do virus da desinformación que afecta a toda a sociedade. A   primeira nestas mentiras e ofuscacións a constitúen as grandes empresas de alimentación, que desorientan ao consumidor con datos confusos e incomprensibeis sobre o peso, a calidade e o prezo dos artigos. Os buscadores de Internet empregan a información como auténtica materia prima  para vender a empresas que buscan adiantarse ás necesidades do cliente. Prácticas ilegais, na súa mayoría permitidas, e que moi pouca xente denuncia realmente. 
Os periodistas contribúen notablemente á desinformación. As informacións financeiras non se basan nunha sensata pericia, senon na dramatización ou a falacia; e os gobernos proclaman ter aos bancos e á economía nas súas mans cando en realidade actúan como axente seu.
Max Otte expón os mecanismos da  desinformación cotiá e explica como estan xerando un colapso social xeral. Ademais da indicacións concretas para que a poboación recupera a súa soberanía sobre a informaicón.  [Tradución propia tirada da contracapa do libro]

Na nosa Biblioteca de Económicas tes exemplares dispoñibles.
Reserva o teu exemplar e comparte con nós as túas reflexións

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Falemos da crise