sábado, 17 de noviembre de 2012

40 preguntas y respuestas para entender la maldita crisis, Ignacio Capeáns Garrido



Capeáns Garrido, Ignacio. 40 preguntas y respuestas para entender la maldita crisis.Galicia : Teófilo, 2011.270 p.

Non só en España estamos a conxugar o verbo enladrillar. Nos Estados Unidos, en Irlanda, Inglaterra ou Italia tamén viviron intensamente o calentón inmobiliario, sobre todo, naturalmente, nos Estados Unidos, donde os bancos, cuns tipos de xuro tan baixos que facín moi pouco atractivas as operacións da banca tradicional, comezaron a empaquetar e vender estas hipotecas que xa se teñen feito cun lugar de honra na historia da economía; as hipotecas "subprime". A súa definición non ten moita ciencia: préstamos que ninguén vai a pagar. [información tirada da contracapa do libro]

Podes atopar este libro AQUÍ

Déixanos as túas impresións de lectura nos comentarios.

15M, o pobo indignado: unha mirada caleidoscópica dende Galiza, Alfredo Iglesias


15-M, o pobo indignado : unha mirada calidoscópica dende Galiza. Alfredo Iglesias Diéguez, (coord.).Bertamiráns (Ames) : Laiovento, 2011. 222 p. ; 21 cm.

Nestes momentos de crise social, económica e política, provocada polo incremento das desigualdades sociais, o pobo, desmobilizado, desorganizado, desmoralizado...botouse á rúa para expresar a súa indignación pola carestía da vida, pola precariedade laboral, polo desemprego, pola corrupción política...en difinitiva, pola degradación dos nosos dereitos sociais, políticos e económicos: polo secuestro da Democracia e fronte á crise do sistema. Estamos, daquela, ante unha manifestación inédita das clases populares, en tanto que explorada por primeira vez neste mes de maio....15M: o pobo indignado, que pretende analizar a realidade do movemento 15-m dende unha óptica plural, procurando ofrecer unha visión calidoscópica do movemento que englobe a mirada analítica dun amplo grupo de persoas, procedentes de diversos campos científicos: a política, a economía, a historia, a filosofía, a socioloxía...xunto coa mirada comprometida do/a activista e a mirada creativa do/a artista, e para iso contamos coa palabra de Xosé Manuel Beiras, Francisco Sampedro, Justo Beramendi, Xavier Vence, Teresa Moure, Fermín Bouza, Manoel Santos, Manuel Casal Lodeiro, David Rodríguez Rodríguez, Raimundo Viejo Viñas, Carlos Taibo, roi Ribeira Bezerra, Nanina Santos, Fernanda Couñago Otero, Lupe Ces, Lidia Senra, Xoán HermidaGonzález, Xabier Macías, Dionísio Pereira, Cláudio López Garrido, Miguel Fernández Blanco, Xosé María Álvarez Cáccamo, Margarita Ledo Andión, diana Varela Puñal e Gustavo Pernas Cora. [información da contracapa]


¿cales son as túas ideas logo desta lectura?

¡acabad ya con esta crisis!, Paul Krugman



Krugman, Paul R. ¡Acabad ya con esta crisis!. Traducción castellana de Cecilia Belza y Gonzalo García. Barcelona : Crítica, 2012. 264 p.

Paul Krugman, Premio Nobel de Economía, escribiu un libro realmente extraordinario no que as causas da actual crise económica, os motivos que conducen a que sigamos a sufrir hoxe as súas consecuencias e o xeito de saír dela, recuperando os postos de traballo e os dereitos sociais ameazados polos recortes, explícanse cunha claridade e sinxeleza que calquera pode, e debería, entender. [información tirada da contracapa. Tradución propia]


Nas bibliotecas da universidade de Vigo tes exemplares dispoñibles, consulta o catálogo.

Se tes algunha conclusión sobre esta obra compártea con nós.

Aftermath : the cultures of the economic crisis, M.Castells, J.Caraça, G.Cardoso.


Aftermath : the cultures of the economic crisis. M. Castells, J. Caraça, G. Cardoso. Oxford : Oxford University Press, 2012. 315 p.

The discussion of the crisis of global capitalism offered this book marks a breakthrough. The work ranger far more widely than the usual crop of purely economic analyses and rightly so (Anthony Giddens, Former Director of the London School of Economics and Political Science)

Pide o teu libro nunha biblioteca da Universidade de Vigo e comparte as túas ideas con nós

Actúa : 12 llamadas a la acción frente a la crisis económica, política y social. Federico Mayor Zaragoza [et al.] ; prólogo de Rosa María Artal. Badalona : Debate, 2012. 263 p.

Canto máis hostil é a contorna e negras as previsións, máis importante é tratar de comprender o que ocorre e contribuir á procura de solucións. Esa é a doble misión que se propoñen os autores de "Actúa". Logo dun convulso 2011, examinan unha España e un mundo que se radicalizan, con maior conciencia cidadá pero tamén con retrocesos históricos nos ámbitos máis esenciais da nosa vida. 

Pide un exemplar na Biblioteca Universitaria de Vigo e comparte con nós as túas reflexións

Algo va mal, Tony Judt.

Judt, Tony. Algo va mal; traducción de Belén Urrutia. Madrid : Taurus, 2010. 220 p.; Pensamiento (Taurus)

Hai algo profundamente errado no xeito no que vivimos hoxe. O estilo egoista da vida contemporánea que nos resulta tan "natural" e tamén a retórica que o acompaña (unha admiración acrítica cara os mercados non regulados, o desprecio polo sector público, a ilusión do crecemento infinito), remóntanse tan só á década dos oitenta. Nos últimos trinta anos fixemos virtude da procura do beneficio material, até o punto de que é só iso o que queda do noso sentido dun propósito colectivo. "¿por que tivemos tanta prese por derrubar os muros que ergueron os nosos devanceiros? ¿tan seguros estamos de que non se aveciñan unhas inundacións?" pregúntase Judt, un dos máis importantes pensadores contemporáneos. Rexeitando tanto o individualismo extremo da dereita como a desacreditada pose retórica da esquerda, Judt convídanos a opoñernos ás eivas da nosa sociedade e enfrontarnos á nosa responsabilidade sobre o mundo no que vivimos. "Algo vai mal" é un inestimable agasallo para as futuras xeracións de cidadáns comprometidos. Expresión concentrada das preocupacións de toda unha vida, este libro pasará a formar parte dos grandes textos políticos da nosa era. [información tirada da contracapa e de tradución propia].
Temos un exemplar dispoñible na Biblioteca de Económicas, preme aquí
Déixanos nos comentarios as túas reflexións sobre este libro. 



A evolución (perversa) da política social da Unión Europea.

Etxezarreta, Miren. A evolución "perversa" da política social da Unión Europea / Miren Etxezarreta, Santiago de Compostela : Fundación Galiza Sempre, 2009.

Conferencia pronunciada en maio de 2009 na Fundación Galiza Sempre por Miren Etxezarreta, economista, catedrática emérita da UAB e integrante do Seminario de Economía Crítica TAIFA. O texto reproduce, con diferentes actualizacións, o traballo publicado orixinalmente co mesmo título na Revista Internacional de Filosofía Política, nº31, 2008. 

Podes obter en préstamo o teu exemplar na Biblioteca da Universidade de Vigo.

Comparte con nós as túas impresións

Beyond the crash. Overcoming the first crisis of globalisation, Gordon Brown


Brown, Gordon. Beyond the crash : overcoming the first crisis of globalisation. London [etc.] : Simon & Schuster, 2010.315 p. ; 25 cm.

The crisis exposed the contradiction of globalisation itself: as economies have become more interconnected, regulators and governments have failed to keep pace and increase coordination. It is a failure intrinsic to unregulated global markets, an instability that resulted from the manner in which increasing flows of capital around the world happened and impacted the economy. And it is a failure of collective action at an international level to respond quickly enough to the structural imbalances and inequities that arose.



Nas bibliotecas da Universidade de Vigo tes exemplares deste libro ao teu dispor. Comparte con nós as túas reflexión.


¡Bienvenidos a tiempos interesantes!, Slavoj Z

Ed. Txalaparta

Zizek, Slavoj. ¡Bienvenidos a tiempos interesantes!. Tafalla : Txalaparta, 2012. 184 p. ; 22 cm.


Na China, se realmente odias a alguén, o maldis dicindo: "¡que vivas en tempos interesantes!". Na nosa historia, "tempos interesantes" so, de feito, tempos de guerra e loita polo poder. Os radicais fundamentos de Zizek ofecen ferramentas coas que destapar, coma fixera o marxismo clásico, as ideoloxías agochadas baixo a superficialidade do discurso dominante; ao mesmo tempo, a forza do seu pensamento tamén interpela ao lector, nun desafío directo que non deixa espazo para falsas neutralidades. Un verdadeiro reto para que tomemos unha posición "radical-emancipatoria auténtica" aproveitando os "tempos interesantes" nos que vivimos, aproveitando a inestabilidade e a crise. 

[tradución propia tirada da contracapa do libro]


Fai a túa propia reflexión e compártea con nos nos comentarios. 
Nesta ligazón podes acceder ao texto completo do libro

Caída libre, Joseph E. Stiglitz

Stiglitz, Joseph E. Caída libre : el libre mercado y el hundimiento de la economía mundial[Madrid] : Taurus,2010, 423 p.

A Chamada Gran Recesión afectou a máis persoas que ningunha outra crese dende a Gran Depresión. Nos Estados Unidos, as políticas públicas deficientes e unha falta de escrúpulos xeralizada  favoreceron o desastre financeiro actual cuxo contaxio ao resto do planeta foi devastador. Quen mellor que J. Stiglitz para diagnosticar unha situación tan complexa dun xeito tan accesible. As súas consideracións sobre o novo rol que deben asumir os gobernos e a urxente necesidade de regulación teñen un peso especial dentro da batalla de ideas que conformará o "novo mundo" destinado a emerxer da crise. Caída  libre da voz a todas esas persoas que viron indignadas como  Wall Street acababa con fogares e empregos; como os gobernos foron incapaces de frear a crise e non deron máis pasos dos estrictamente  precisos; como os banqueiros se contradicían pedindo que o Estado os sacara do apuro ao tempo que se opoñían a unha regulación menos propicia a futuras crises. Stiglitz ofrece alternativas para acadar unha economía próspera e unha sociedade moral para o futuro. [información tirada da contracapa . Tradución propia]

Tes este libro na Bibllioteca da Universidade de Vigo   Propón un debate de ideas sobre este texto....déixanos a túa reseña personal nos comentarios.

Casino capitalism: how the financial crisis came about and what needs to be done now, Hans-Werner Sinn.


Sinn, Hans-Werner. Casino capitalism : how the financial crisis came about and what needs to be done now. Oxford : Oxford University Press, 2010. 374p.  


"One of the best books I´ve seen on the financial crisis. It is engagingly written and stands out for its precision and exceptional analytical depth"
(Jean-Claude Trichet, Former President, European Central Bank) 

Na Biblioteca da Universidade de Vigo podes atopar este libro e outros relacionados coa materia. Na biblioteca de Filoloxía e Tradución temos unha exposición sobre lecturas relacionadas coa crise e estamos abrindo un debate sobre cada monografía...preme AQUÍ para saber onde podes obter exemplares desta obra e déixanos as túas impresións de lectura nos comentarios.

Cleptopía: fabricantes de burbujas y vampiros financieros "en la era de la estafa", Matt Taibbi


Taibbi, Matt. Cleptopía : fabricantes de burbujas y vampiros financieros en la era de la estafa. Madrid : Ediciones Lengua de Trapo, 2011. 399 p.

Considerado po boa parte da crítica norteamericana (Time, The Washington Post, The New York times...) un dos mellores libros sobre as causas da crese financeira actual, Cleptopía é un relato preciso, cheo de humor negro e non pouca mala leite, dos acontecementos e tamén dos nomes e apelidos que levaros á caída e posterior salvamento público da economía norteamericana. Dende a historia dese "capullo" de Alan Greenspan até a estafa de Obama coa lei sanitaria, pasando polas "subprime", a salvaxe especulación nos mercados de alimentos e, claro, o mafioso comportamento da banca -comezando por Goldman Sachs-...ninguén nin nada queda ao abeiro da poderosa escritura de Matt Taibbi e do descarnado retrato que fai da sala de máquinas do capitalismo financeiro e dos seu dominio sobre a política contemporánea. Se alguén quere saber qué pasou -e quen fixo que pasara- na última e aínda presente crise económica, este é o libro...que se le ademais, como unha boa novela [información tirada da contracapa do libro. Tradución propia]



Agardamos as túas reflexións sobre esta obra 

Cómo cambiar el mundo, Eric Hobsbawn.


Hobsbawm, E. J. Cómo cambiar el mundo : Marx y el marxismo 1840-2011.Ttraducción castellana de Silvia Furió. Barcelona : Crítica, 2011. 490 p.

Eric Hobsbawn, o mais famoso dos historiadores actuais e unha das voces mais autorizadas da esquerda, sintetiza neste volume máis de cincuenta anos de traballos sobre Marx e o marxismo. O libro, que comeza cun estudo sobre "Marx hoxe" e remata con outro sobre a relación, ao longo do tempo, entre Marx e o movemento obreiro organizado, cuxa conclusión es que, ante os problemas da economía no século XXI "chegou o tempo de tomar a Marx en serio", ofrécenos unha primeira parte cunha serie de traballos sobre Marx e Engels, sobre as súas obras e ideas políticas, e unha segunda adicada en especial á evolución do marxismo, e da súa influencia, dende 1880 até a actualidade. Como corresponde ao que cabe esperar de Eric Hobsbawm, este non é tan só un grande libro de historia senon que ten ademais a pretensión de que, como di o propio autor, "poda servir aos lectores para reflexionar sobre o que vai ser o futuro e o da humanidade do século XXI".(información tomada da contracapa do libro e de tradución propia)

Podes coller en préstamo un exemplar na Biblioteca Universitaria de Vigo e logo compartir con nós as túas reflexións.

Cómo salimos de esta: hoja de ruta del futuro de la economía, Nouriel Roubini y Stephen Mihm.


Cómo salimos de ésta : hoja de ruta del futuro de la economía, por el experto que predijo la crisis mundial, Nouriel Roubini e Stephen Mihm ; traducción de Eva Robledillo y Betty Trabal. Barcelona : Destino, 2010. 567 p.

No 2009, Dick Cheney, vicepresidente dos Estados Unidos con Bush, asegurou que nin seu gobernon "nin ninguén" tiña visto vir a grande crise. Non era verdade. O 7 de setembro de 2006 o economista Nouriel Roubini sorprendera a todos ao asegurar que iamos entrar nunha profunda depresión, e iso foi o que pasou ao cabo de dous anos. Tamén acertara ao predicir o estourido da burbulla inmobiliaria e cando, a comezos de 2008, anunciou a inminente caída de dous colosos das finanzas: ao pouco, Bear Stearn malvendía súas accións e, en setembro, quebraba Lehman Brothers. Agora, este novo e agardado libro -o primeiro do autor en España- roubini, xunto con Stephen Mihn, outro reputado experto, plantexan cómo sair do pozo. O lector atopará nesta obra un sinal do futuro, que se prevé positivo "se os políticos e lexisladores recoñecen que para enfrontarse a unha crise hai que ter unha visión de conxunto e implementar algunhas reformas radicais. Calquer outra cousa-conclúen-seria como volver a colocar as butacas na cuberta do Titanic". Entre outras medidas, os autores propoñen modificar o sistema de indemnizacións aos directivos, o proceso de titulización financeira e o papel das axencias de calificación. Avogan por decisións enérxicas en relación aos derivados -verdadeiras "armas financeiras de destrución masiva"- e a regulación e supervisión bancaria. Toman posicións críticas sobre as corporacións consideradas "demasiado grandes para crebar"- as famosas "too big to fail" que na súa opinión deben ser desmembradas- e reclaman a intervención do goberno para desactivas burbullas predecibles, de desastrosas consecuencias económicas. 


Na Biblioteca da Universidade de Vigo temos exemplares dispoñibles. 

Fai a túa lectura e comparte con nós as túas reflexións. 

Crear capacidades : propuesta para el desarrollo humano, Martha Nussbaum


Nussbaum, Martha Craven. Crear capacidades : propuesta para el desarrollo humano. Barcelona : Paidós, 2012. 266 p.


Se o producto interior bruto dun país se incrementa ano tras ano pero tamén o fai a porcentaxe da súa poboación privada de educación, sanidade e outros servizos e oportunidades básicas, ¿progresa realmente ese país? Se recorremos a indicadores económicos convencionais, "podemos facernos unha idea acaída da situación dos milleiros de millóns de persoas que viven no mundo?. Na convincente crítica que aquí presenta Marta C. Nussbaum, argumenta que as teorías do desenvolvemento actualmente imperantes produciron políticas que ignoran as nosas necesidades máis básicas de dignidade e respecto personais. Nussbaum traballou durante os últimos vintecinco anos na elaboración e perfeccionamento dun modelo alterntivo de avaliación do desenvolvemento humano: o chamado "enfoque das capacidades", que parte dunha pregunta sumamente sinxela: ¿que é capaz de facer e de ser cada persoa? E, a partires de aquí, ¿cales son as oportunidades que ten realmente ao seu dispor?. Crear capacidades brinda a calquera lector ou lectora interesados en temas de desenvolvemento humano unha explicación marabillosamente lúcida da estructura e das implicacións prácticas dun auténtico modelo alternativo. Amósanos un camiño de acceso á xustiza e pon de manifesto o valor da universalidade ao tempo que recoñece a diferencia cultural. Nussbaum amósanos cómo podemos capacitar a persoas de calquera lugar e país (prestando atención aos relatos dos individuos e comprendendo a repercusión cotiá das políticas implementadas) para que leven unha vidas plenas e creativas. [traducción propia da información da contracapa do libro]

Podes recoller o teu exemplar nas bibliotecas da Universidade de Vigo e participar no debate que propoñemos sobre obras que nos axuden a entender mellor a actual situación de crise económica

Crise e radicalización neoliberal: as alternativas silenciadas, Xavier Vence

Na mostra "Estado:_crítico_" recollemos textos que nos axuden a reflexionar sobre a actual situación de crise. Este libro recolle reflexións sobre a actual crise do capitalismo neoliberal desde as súas orixen até o momento actual, ás portas de 2012. Desde os diagnósticos iniciais até a valoración dos feitos máis importantes que foron acontecendo ao longo destes anos, así como as medidas de política económica que foron adoptando as autoridades económicas no G-20, FMI, bancos centrais, Unión Europea, Goberno central e Xunta de Galicia. Este percorrido mostra a consistencia do diagnóstico inicial e a interpretación dos sucesivos chanzos e os pasos dados polos gobernos, o que á súa vez axuda a entender con clareza a situación actual. Son fundamentalmente artigos de reflexión destinados á intervencion no debate público, coa pretensión de colaborar a amolecer a criptonita neoliberal e a neocentralista, as dúas grandes ameazas da igualdade e da diversidade. De aí ese estido directo, compacto e con linguaxe clara para o público non especialista, sen por iso perder rigor nos razoamentos económicos que están detrás dos argumentos expostos. Ao longo destas páxinas combínase o diagnóstico dos acontecementos e a crítica das medidas adoptadas polos diferentes niveis de goberno coa formulación de propostas alternativas. Porque o autor é dos que pensa que si hai alternativa e que máis cedo que tarde cumprirá abrirlle as portas. Guiado por un certo optimismo histórico considera que a sociedade non poderá aturar a destrución de todas as conquistas civilizadoras e a completa submisión da vida privada e pública á extrema volatilidade dos mercados e acabará sentando unhas novas bases para o progreso social e a preservación da diversidade. (Información tomada da contracapa).

Na biblioteca da Universidade de Vigo podes obter exemplares en préstamo. Contribúe ao debate engadindo as túas reflexións. 


viernes, 16 de noviembre de 2012


Crisis económica y financiera : el papel de la Unión Europea, Clara Crespo Ruiz de Elvira [et al.]. Vitoria:Eurobask, 2009. 188 p.

Consulta o Catálogo da Biblioteca da Universidade de Vigo para atopar o teu exemplar.


Fainos chegar as túas impresións sobre esta lectura. 

Decrescemento, crise, capitalismo. Carlos Taibo.

Decrescimento, crise, capitalismo / Carlos Taibo. Santiago de Compostela]: Estaleiro, 2010. 141 p.

O capitalismo de hoje nao é apenas responsável por injustiças e exploraçaos que tem como vítimas seres humanos: e responsável tambén por poderosíssimas agressoes contra o meio natural, traduzidas num perigoso crescimento da pegada ecológica que reduz sinsivelmente os direitos e possibilidades das geraçoes vindouras. Neste livro defende-se a necessidade de abrir uma nova frente de luta contra o capitalismo da mao da reivindicaçao de reduçoes significativas nos níveis de produçao e de consumo no Norte desenvolvido, acompanhadas da defesa paralela da primazia da vida social, da repartiçao do trabalho, da recuperaçao do local e da autogestao generalizada. (información tirada da contracapa do libro)

Podes les esta obra en liña (hai unha ligazón na columna derita do blog) ou pedir un exemplar na Biblioteca da Universidade de Vigo. Achéganos as túas conclusións da lectura. 

El cisne negro. El impacto de lo altamente improbable, Nassim Nicholas Taleb


El Cisne negro : el impacto de lo altamente improbable / Nassim Nicholas Taleb. Barcelona : Paidós Ibérica, 2008.491 p.


Na biblioteca da Universidade de Vigo temos exemplares disponibles. Consulta o catálogo.

Comparte as túas impresións sobre esta lectura no comentarios. 

Economía canalla, Loretta Napoleoni




Napoleoni, Loretta. Economía canalla : la nueva realidad del capitalismo. Barcelona [etc.] : Paidós, [2008]. 287 p. ; 24 cm


Nas bibliotecas da Universidade de Vigo podes obter exemplares en préstamo desta obra. 




Participa no debate sobre a crise que propoñemos dende a mostra "Estado:_crítico_" sobre libros relacionados coa crise económica e seu contexto. 
Que teñen en común o auxe do comercio sexual en Europa, o escándalo das hipotecas lixo de Estados Unidos, os productos falsificados da industria chinesa e a filantropía dos personaxes célebres en África? Cos biopiratas que se introducen na industria do sangue, bandidos que espolian os mares profundos para alimentar seus viveiros de peixe, a pornografía que se desenvolve virtualmente en SecondLife e os xogos como World of Warcraft que saen de obradoiros donde se escraviza aos traballadores, ¿como pode a economía canalla converterse en imperios globaisCoa precisión dunha economista e a fluidez narrativa dunha novelista, a periodista Loretta Napoleoni examina como as forzas económicas escuras están dando unha nova forma ao mundo, convertendo en vítimas a millóns de persoas normais cuxas vidas están atrapadas no mundo de fantasía do consumismo, Napoleoni saca á la luz a arquitectura do noso mundo e, ao facerlo ofrece unha visión nova sobre os moitos e irresolubles problemas da nosa época.[tradución propia do texto da contracapa do libro]

Desobediencia civil y otros escritos, H. Thoreau.


Desobediencia civil y otros escritos / Henry D. Thoreau ; estudio preliminar de Juan José Coy ; traducción de Mª Eugenia Díaz. Madrid : Tecnos, 2006. 111 p.

A obra literaria de Henry D. Thoreau é ampla e heteroxénea. Cultivou o ensaio extenso, o xénero oratorio, a poesía, e dedicou boa parte do seu tempo á construción do seu diario (1837-1861). Dos seus catorce volumes, existe unha edición de 1906 que se pode considerar completa. Con motivo do seu centenario en 1962 reeditouse esta obra fundamental. As súas reflexións personais as vai ir elaborando pouco a pouco: de aí saen seus discursos e ensaios cortos, donde toma partido decidido a favor da liberdade, a individualidade, a xustiza, o abolicionismo, o sentido ético do comportamento persoal e colectivo, a resistencia decidida a canto se opoña a todo iso. Dentro destas cordenadas hai que entender os catro ensaios agrupados neste volume, que ilustran, de xeito admirable, esa síntese dialéctica entre soidade individual e solidaridade social á que o entrañable Thoreau soubo chegar, na súa vida e na súa obra. (información tirada da contracapa do libro)

Consulta este libro na Biblioteca da Universidade de Vigo e participa no debate compartindo as túas conclusións

El consumo de la utopía romántica: el amor y las contradicciones culturales del capitalismo, Eva Illouz.


Illouz, Eva. El Consumo de la utopía romántica : el amor y las contradiciones culturales del capitalismo. Traducido por María Victoria Rodil. 1ª ed. Madrid : Katz, 2009. 429 p.

¿hasta que punto os nosos momentos románticos están determinados pola representación do amor no cine y na televisión? ¿en que medida un paseo baixo a luz da lúa é un momento de romance perfecto o simplemente unha simulación do ideal visto unha e outra vez nas pantallas? De feito, para algunha persoas o amor romántinco é o derradeiro refuxio para a autenticidade nunha época cada vez máis tecnocrática. Para outras, ese tipo de amor representa unha ideoloxía que escraviza á muller, un síntoma da morte da esfera pública ou un xeito de evadirse da responsabilidade social. Nesta obra Eva Illouz non pretende ser unha voz máis entre as que exaltas as virtudes do amor ou lamentas súas deficiencias. Pola contra, seu obxectivo é esclarecer os termos do debate analizando como se conecta o maro coa cultura do capitalismo tardío e as súas relacións de clase. O capitalismo avanzado -afirma- é unha entidade de dúas caras; por unha banda, fomenta a incorporación de todos os grupos sociais ao mercado, e crea así un espazo simbólico común moi podereso, unificado polas esferas do consumo e dos medios masivos, e, por outra, esnaquiza ás clases sociais en grupos cada vez máis reducidos, segmentados polo seu estilo de vido e modos de consumo. Eva Illouz plantexa que as definicións do amor romántico crúzanse con esa dualidade: o amor romántico converteuse nun elemento íntimo e indispensable do ideal democrático da opulencia, pero tamén "patrocinou os mecanismos de dominación económica e simbólica que funcionan na estructura social". Analizando as imaxes que defines nosas ideas de amor e de romance, Illouz estuda cómo as concepcións do amor se solapan con mundo dos clixés e doas imáxenes do que ela chama a "utopía romántica", utopía que vive no imaxinario colectivo e se basa nas representacións que unen as actividades económicas e amorosas en rituais de amor e matrimonio. [tradución propia da contracapa do libro]

Podes obter exemplares en préstamo nas bibliotecas da Universidade de Vigo. Propoñemos unha reflexión sobre o contexto da crise na mostra "Estado:_crítico_", le e participa.

El crash de la información, Max Otte




Otte, Max. El crash de la información, traducción de Juanmari Madariaga. Barcelona : Ariel, 2010
347 p. ; 23 cm

Desfigurar, dar datos falsos, minimizar as circunstancias agravantes con mensaxes positivos pero  banais, desorientar deliberadamente, soliviantar ou aturdir, esaxerar...Todo esto pertence ao repertorio da desinformación e na nosa sociedade é, dende hai moito, máis que unha moeda corrente.

O   colapso do mercado financeiro, provocado pola venta masiva de títulos cuxo risco foi sistemáticamente agochado, debuese en grande parte á propagación do virus da desinformación que afecta a toda a sociedade. A   primeira nestas mentiras e ofuscacións a constitúen as grandes empresas de alimentación, que desorientan ao consumidor con datos confusos e incomprensibeis sobre o peso, a calidade e o prezo dos artigos. Os buscadores de Internet empregan a información como auténtica materia prima  para vender a empresas que buscan adiantarse ás necesidades do cliente. Prácticas ilegais, na súa mayoría permitidas, e que moi pouca xente denuncia realmente. 
Os periodistas contribúen notablemente á desinformación. As informacións financeiras non se basan nunha sensata pericia, senon na dramatización ou a falacia; e os gobernos proclaman ter aos bancos e á economía nas súas mans cando en realidade actúan como axente seu.
Max Otte expón os mecanismos da  desinformación cotiá e explica como estan xerando un colapso social xeral. Ademais da indicacións concretas para que a poboación recupera a súa soberanía sobre a informaicón.  [Tradución propia tirada da contracapa do libro]

Na nosa Biblioteca de Económicas tes exemplares dispoñibles.
Reserva o teu exemplar e comparte con nós as túas reflexións

El crash del 2010: toda la verdad sobre la crisis, Santiago Niño Becerra.


El economista esperanzado: manual de urgencia para salir de la crisis, Leopoldo Abadía


Abadía, Leopoldo. El economista esperanzado : manual de urgencia para salir de la crisis.Barcelona : Espasa, [2012]. 190 p.

Na Biblioteca de Económicas da Universidade de Vigo hai un fondo bibliográfico moi importante no relativo ao tema da crise. Son todos eles títulos que apetecería ler de contado, porque todos ofrecen solucións...pois veña...¡a ler e a escribir! hai moita xente agardando as vosas impresións....(podes pedir o libro aquí

El declive de la ciudadanía: la construcción de una ética pública, Victoria Camps.


Camps, Victoria. El Declive de la ciudadanía : la construcción de una ética pública. Boadilla del Monte (Madrid) : PPC, 2010. 191 p.



Na biblioteca da Universidade de Vigo hai exemplares en préstamo. Agardamos as túas reflexións sobre esta lectura nos comentarios

El miedo a la democracia, Noam Chomsky





Agardamos nos comentarios as túas reflexións sobre esta lectura 

El precio de la desigualdad. Josepth E.Stiglitz


El precio de la desigualdad : el 1 por ciento de la población tiene lo que el 99 por ciento necesita / Joseph E. Stiglitz. Madrid : Taurus, imp.  2012. 498 p.

Na biblioteca da Universidade de Vigo podes atopar exemplares desta obra.

O 1% da poboación disfruta das mellores vivendas, a mellor educación, os mellores médicos e o mellor nivel de vida, pero hai unha cousa que o diñeiro non pode mercar: a comprensión de que seu destino está ligado ao xeito de vivir do outro 99%. Ao longo da historia isto é algo que esa minoría só logrou entender...cando xa era demasiado tarde.
[información tomada da contracapa do libro e de tradución propia]


Comparte con nós as túas reflexións sobre este documento.

El Ocultamiento de lo humano : repugnancia, vergüenza y ley, Martha Nussbaum.


 Nussbaum, Martha Craven. El Ocultamiento de lo humano : repugnancia, vergüenza y ley. Traducido por Gabriel Zadunaisky. Buenos Aires : Katz, 2006. 424 p. 

Podes levar en préstamo exemplares das bibliotecas da Universidade de Vigo. Agardamos as túas reflexións sobre esta lectura

El retorno de la economía de la depresión y la crisis actual, Paul Krugman



Comparte as túas impresións sobre a lectura e participa no debate que propoñemos sobre a crise

Elogio de la política profana, Daniel Bensaïd.




Agardamos as túas impresión sobre a lectura nos comentarios

Eros: la superproducción de los afectos, Eloy Fernández Porta



Contamos coas túas reflexións sobre esta lectura, participa no debate sobre a crise que propoñemos a través da mostra: "Estado:_crítico_", deixando as túas reflexións nos comentarios.


Estados fallidos, Noam Chomsky

Para Chomsky, o déficit democrático que arrastra Estados Unidos e a teima por impoñer "manu militari" seus intereses en todo o mundo fan desta superpotencia global un "estado fallido". Ou o que é o mesmo: un estado que transgrede o dereito nacional e internacional. O cruel paradoxo que revela o autor neste libro é evidente: Estados Unidos, cuxa retórica imperial arroga o dereito a impoñer "a democracia e a liberdade no mundo", fai o que presuntamente di combater. (información da contracapa)

Agardamos as túas reflexións

Esto tiene arreglo, Alberto Garzón Espinosa









jueves, 15 de noviembre de 2012

Grietas del sistema; por qué la economía mundial sigue amenazada.






Podes reservar o teu exemplar nunha das Bibliotecas da Universidade de Vigo e participar no debate que propoñemos sobre a crise

Hay alternativas: propuestas para crear empleo y bienestar en España, Vicenç Navarro

Vinçent Navarro, Juan Torres e Alberto Garzón case son de lectura obrigada para estar ao día no que atinxe á actual crise económica. A biblioteca da Universidade de Vigo ten exemplares desta obra, solicitádea e logo enchede os comentarios coas vosas impresións

Homo sampler: tiempo y consumo en la era afterpot, Eloy Fernández Porta


Propoñémosche esta lectura para reflexionar sobre o contexto da crise. Podes atopar exemplares nas bibliotecas da Universidade de Vigo e participar no debate que tratamos de animar mediante a mostra de libros "Estado: _crítico_", dende a Facultade de Filoloxía. Agardamos as túas reflexións nos comentarios

Inside Job, Charles Ferguson


Seguro que xa moitos de vós coñecedes esta película. Na exposición "Estado: _critico_" na biblioteca da Facultade de Filoloxía propoñemos  un debate sobre a crise compartindo as reflexións que suscitan os materiais que nas nosas bibliotecas abordan este tema.  

Podes pedir un exemplar deste material nas bibliotecas do Campus de Ourense e Pontevedra.....

Jóvenes y espacio público: del estigma a la indignación, Jaume Trilla [et al.]





Reserva o teu exemplar na nosa Biblioteca e comparte as túas reflexións nos comentarios. 

Justicia cordial, Adela Cortina.



Cortina Orts, Adela.  Justicia cordia. Madrid : Trotta, 2010.

Faite cun exemplar na  Biblioteca da Universidade de Vigo e participa no debate sobre a crise achegándonos as túas reflexións. 

La crisis de 2008. De la economía a la política y más allá, Antón C.Comesaña




Reserva o teu exemplar na Biblioteca da Universidade de Vigo e participa no debate sobre a crise compartindo as túas reflexións nos comentarios. 

La crisis de las hipotecas basura: ¿por qué se cayó todo y no se ha hundido nada?, Juan Torres López.






Reserva o teu exemplar na Biblioteca da Universidade de Vigo e comparte con nós as túas reflexións 

La crisis financiera internacional: cuarto año. Antonio Torrero Mañas.

Podes reservar o teu exemplar na Biblioteca da Universidade de Vigo. Agardamos as túas impresións sobre esta lectura. 

La crisis ninja y otros misterios de la economía mundial, Leopoldo Abadía

Se xa leches este libro déixanos nos comentarios as túas reflexións. Na biblioteca da facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo comezamos un proceso de reflexión sobre a crise e pensamos en facer unha lectura colaborativa para dar conta de todas estas ideas que se están amoreando nos anaqueis de librerías e bibliotecas. Podes atopar o libro na exposición "Estado: Crítico" neste centro ou pedilo directamente en calquera das nosas bibliotecas. Temos exemplares AQUÍ

La debacle de Wall Street y la crisis del capitalismo global, Karl Beitel [et al.]




Temos exemplares desta obra nas bibliotecas da Universidade de Vigo, reserva o teu exemplar e comparte con nós as túas impresións. 

La doctrina del shock, Naomi Klein.

La Doctrina del "shock" : el auge del capitalismo del desastre, Naomi Klein. Barcelona : Paidós, 2007. 708p.


A doutrina do shock é a historia non oficial do libre mercado. Naomi Klein descubre a verdade sobre o capitalismo neste documentado libro, baseado nas súas entrevistas e investigacións [...] Klein demostra que o capitalismo emprega a cotío a violencia, o terrorismo contra o individuo e a sociedade. Lonxe de ser o camiño cara a liberdade, aproveitase da crise para introducir impopulares medidas de choque económico, a miúdo acompañadas doutros xeitos de shock non tan metafóricos: a pancada da porra dos policías, as torturas cno electroshck ou a picana nas celas das cadeas. Dende Chile a Rusia, de Canadá a Sudáfrica, de Arxentina a China, os exemplos e as súas arrepiantes consecuencias, abondan. Neste relato apaixoante, narrado con pulso sólido, Kein repasa a historia mundial recente (da dictadura de Pinochet á reconstrución de Beirut; do Katrina ao tsunami; do 11S ao 11M) para dar a palabra a un único protagonista: as decimadas poboacións civís sometidas á voracidade despiadada dos novos amos do mundo, o conglomerado industrial, comercial e gubernamental para quen os desastres, as guerras e a inseguridade do cidadán son o sinistro combustible da economía do shock. [información tirada da contracapa do libro]


Na Biblioteca da Universidade de Vigo temos exemplares desta obra, consulta o catálogo.Comparte as túas reflexións con nós. 

La democracia industrial, Beatrice Webb





Agardamos as túas conclusións sobre esta lectura

La globalización de la pobreza: cómo se enriquecieron los países ricos...Erik S. Reinert




Podes reservar esta obra na Biblioteca da Universidade de Vigo.


Agardamos polos teus comentarios sobre esta lectura

La hora de los sensatos, Leopoldo Abadía


Na Biblioteca da Universidade de Vigo podes reservar o teu exemplar.



Agardamos a túa opinión sobre esta lectura. 

La Mordaza, Loretta Napoleoni

A economista e autora de numerosos best-sellers, Loretta Napoleoni estuda neste libro as relación que existen entre a financiación da política do medo e a crise económica mundial, ligazóns que tanto políticos coma medios de comunicación teñen ignorado. Ao impulsar guerras militares e propagandísticas en Oriente Medio, EE.UU. pasou por alto a guerra de independencia económica de Al Qaeda. Consumidores e contribuintes, espoleados polo medo, caeron sen remedio na apabullante deuda global. Napoleoni advirte que se non nos enfrontamos ás numerosas conexións que enlazan a respuesta ao 11-S coa crise financeira, non seremos quen de atopar a salida dunha inminente recesión global que ameaza nosa vida diaria. Mentres temíamos que Al Qaeda destruiría o noso mundo, Wall Street o despedazaba.
Reserva o teu exemplar na Biblioteca da Universidade de Vigo e comparte con nós as túas reflexións