sábado, 17 de noviembre de 2012

Caída libre, Joseph E. Stiglitz

Stiglitz, Joseph E. Caída libre : el libre mercado y el hundimiento de la economía mundial[Madrid] : Taurus,2010, 423 p.

A Chamada Gran Recesión afectou a máis persoas que ningunha outra crese dende a Gran Depresión. Nos Estados Unidos, as políticas públicas deficientes e unha falta de escrúpulos xeralizada  favoreceron o desastre financeiro actual cuxo contaxio ao resto do planeta foi devastador. Quen mellor que J. Stiglitz para diagnosticar unha situación tan complexa dun xeito tan accesible. As súas consideracións sobre o novo rol que deben asumir os gobernos e a urxente necesidade de regulación teñen un peso especial dentro da batalla de ideas que conformará o "novo mundo" destinado a emerxer da crise. Caída  libre da voz a todas esas persoas que viron indignadas como  Wall Street acababa con fogares e empregos; como os gobernos foron incapaces de frear a crise e non deron máis pasos dos estrictamente  precisos; como os banqueiros se contradicían pedindo que o Estado os sacara do apuro ao tempo que se opoñían a unha regulación menos propicia a futuras crises. Stiglitz ofrece alternativas para acadar unha economía próspera e unha sociedade moral para o futuro. [información tirada da contracapa . Tradución propia]

Tes este libro na Bibllioteca da Universidade de Vigo   Propón un debate de ideas sobre este texto....déixanos a túa reseña personal nos comentarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Falemos da crise