viernes, 16 de noviembre de 2012

El consumo de la utopía romántica: el amor y las contradicciones culturales del capitalismo, Eva Illouz.


Illouz, Eva. El Consumo de la utopía romántica : el amor y las contradiciones culturales del capitalismo. Traducido por María Victoria Rodil. 1ª ed. Madrid : Katz, 2009. 429 p.

¿hasta que punto os nosos momentos románticos están determinados pola representación do amor no cine y na televisión? ¿en que medida un paseo baixo a luz da lúa é un momento de romance perfecto o simplemente unha simulación do ideal visto unha e outra vez nas pantallas? De feito, para algunha persoas o amor romántinco é o derradeiro refuxio para a autenticidade nunha época cada vez máis tecnocrática. Para outras, ese tipo de amor representa unha ideoloxía que escraviza á muller, un síntoma da morte da esfera pública ou un xeito de evadirse da responsabilidade social. Nesta obra Eva Illouz non pretende ser unha voz máis entre as que exaltas as virtudes do amor ou lamentas súas deficiencias. Pola contra, seu obxectivo é esclarecer os termos do debate analizando como se conecta o maro coa cultura do capitalismo tardío e as súas relacións de clase. O capitalismo avanzado -afirma- é unha entidade de dúas caras; por unha banda, fomenta a incorporación de todos os grupos sociais ao mercado, e crea así un espazo simbólico común moi podereso, unificado polas esferas do consumo e dos medios masivos, e, por outra, esnaquiza ás clases sociais en grupos cada vez máis reducidos, segmentados polo seu estilo de vido e modos de consumo. Eva Illouz plantexa que as definicións do amor romántico crúzanse con esa dualidade: o amor romántico converteuse nun elemento íntimo e indispensable do ideal democrático da opulencia, pero tamén "patrocinou os mecanismos de dominación económica e simbólica que funcionan na estructura social". Analizando as imaxes que defines nosas ideas de amor e de romance, Illouz estuda cómo as concepcións do amor se solapan con mundo dos clixés e doas imáxenes do que ela chama a "utopía romántica", utopía que vive no imaxinario colectivo e se basa nas representacións que unen as actividades económicas e amorosas en rituais de amor e matrimonio. [tradución propia da contracapa do libro]

Podes obter exemplares en préstamo nas bibliotecas da Universidade de Vigo. Propoñemos unha reflexión sobre o contexto da crise na mostra "Estado:_crítico_", le e participa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Falemos da crise