sábado, 17 de noviembre de 2012

Crear capacidades : propuesta para el desarrollo humano, Martha Nussbaum


Nussbaum, Martha Craven. Crear capacidades : propuesta para el desarrollo humano. Barcelona : Paidós, 2012. 266 p.


Se o producto interior bruto dun país se incrementa ano tras ano pero tamén o fai a porcentaxe da súa poboación privada de educación, sanidade e outros servizos e oportunidades básicas, ¿progresa realmente ese país? Se recorremos a indicadores económicos convencionais, "podemos facernos unha idea acaída da situación dos milleiros de millóns de persoas que viven no mundo?. Na convincente crítica que aquí presenta Marta C. Nussbaum, argumenta que as teorías do desenvolvemento actualmente imperantes produciron políticas que ignoran as nosas necesidades máis básicas de dignidade e respecto personais. Nussbaum traballou durante os últimos vintecinco anos na elaboración e perfeccionamento dun modelo alterntivo de avaliación do desenvolvemento humano: o chamado "enfoque das capacidades", que parte dunha pregunta sumamente sinxela: ¿que é capaz de facer e de ser cada persoa? E, a partires de aquí, ¿cales son as oportunidades que ten realmente ao seu dispor?. Crear capacidades brinda a calquera lector ou lectora interesados en temas de desenvolvemento humano unha explicación marabillosamente lúcida da estructura e das implicacións prácticas dun auténtico modelo alternativo. Amósanos un camiño de acceso á xustiza e pon de manifesto o valor da universalidade ao tempo que recoñece a diferencia cultural. Nussbaum amósanos cómo podemos capacitar a persoas de calquera lugar e país (prestando atención aos relatos dos individuos e comprendendo a repercusión cotiá das políticas implementadas) para que leven unha vidas plenas e creativas. [traducción propia da información da contracapa do libro]

Podes recoller o teu exemplar nas bibliotecas da Universidade de Vigo e participar no debate que propoñemos sobre obras que nos axuden a entender mellor a actual situación de crise económica

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Falemos da crise