sábado, 17 de noviembre de 2012

Algo va mal, Tony Judt.

Judt, Tony. Algo va mal; traducción de Belén Urrutia. Madrid : Taurus, 2010. 220 p.; Pensamiento (Taurus)

Hai algo profundamente errado no xeito no que vivimos hoxe. O estilo egoista da vida contemporánea que nos resulta tan "natural" e tamén a retórica que o acompaña (unha admiración acrítica cara os mercados non regulados, o desprecio polo sector público, a ilusión do crecemento infinito), remóntanse tan só á década dos oitenta. Nos últimos trinta anos fixemos virtude da procura do beneficio material, até o punto de que é só iso o que queda do noso sentido dun propósito colectivo. "¿por que tivemos tanta prese por derrubar os muros que ergueron os nosos devanceiros? ¿tan seguros estamos de que non se aveciñan unhas inundacións?" pregúntase Judt, un dos máis importantes pensadores contemporáneos. Rexeitando tanto o individualismo extremo da dereita como a desacreditada pose retórica da esquerda, Judt convídanos a opoñernos ás eivas da nosa sociedade e enfrontarnos á nosa responsabilidade sobre o mundo no que vivimos. "Algo vai mal" é un inestimable agasallo para as futuras xeracións de cidadáns comprometidos. Expresión concentrada das preocupacións de toda unha vida, este libro pasará a formar parte dos grandes textos políticos da nosa era. [información tirada da contracapa e de tradución propia].
Temos un exemplar dispoñible na Biblioteca de Económicas, preme aquí
Déixanos nos comentarios as túas reflexións sobre este libro. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Falemos da crise